Convocatoria Acto a prol do Albergue

Agosto 27th, 2010

A Rede Social Galicia Sur ven a reclamar dende hai anos a apertura e posta en marcha dun Centro de Inclusión Social que atenda ás persoas sen fogar de Vigo. Tras os últimos cruces de declaracións nas que os nosos representantes municipais discuten sobre o emprazamento destes servizos, queremos que se oia a nosa voz que ven dicir:

  • a apertura do centro de inclusión non se pode retrasar nin ralentizar máis. Non hai disputa política nin partidista que o xustifique.
  • por primeira vez na cidade este parece ser un tema de todos e todas, xera opinión e esa opinión pública vai en liña de reclamar a apertura xa.

A Rede segue a esixir e reclamar á Administración Local a pronta apertura do Centro de Inclusión Social na cidade de Vigo.
Por isto a Rede Social Galicia Sur ten a ben convocar para o xoves día 16 de setembro ás 19:30 horas unha marcha que se iniciará na Rúa Príncipe (fronte ao MARCO) e rematará na Praza da Constitución coa escenificación dun Pleno Municipal que dea aprobación definitiva ao emprazamento deste Centro.
No caso de ser resolta pola corporación municipal a ubicación de dito Centro antes do 16 de setembro os actos levaranse a cabo de igual forma pero terán un carácter celebrativo.

As organizacións que forman parte da Rede Social Galicia Sur son: Asociación Érguete Vigo, Asoc. Xuvenil Abertal, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Educación Sen Fronteiras, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Fundación Proclade, Grupo Imán, Médicos do Mundo, Parroquia Stimo. Cristo da Victoria, Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional.

Nova concentración a prol da apertura dun centro de inclusión social público

Abril 12th, 2010

20100412_cartaz_centro_inclusion_social A Rede Social Galicias Sur, convócate ao acto para reclamar a apertura do Centro de Inclusión Social Público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.

Esto xa foi aprobado en pleno Municipal do Concello de Vigo, e seguimos á espera tras seis anos.

QUE?

Acto para reclamar a necesidade de apertura dun centro de inclusión social público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.

ONDE?

Concentración diante do MARCO (rúa do Príncipe) para posteriormente marchar ata a praza da Constitución pola mesma rúa do Príncipe e cruzando a Porta do Sol.

CANDO?

Xoves, 15 de abril de 2010 ás 19:30 ,

QUE PODES FACER?

  • Asistir ao acto
  • Difundir esta convocatoria entre os teus contactos
  • Imprimir o cartel e poñelo visible nos lugares que consideres.

Se algunha entidade quere adherirse envia email a  redesocialgaliciasur@yahoo.es

Fotos da 2 cadea humana a prol do albergue

Xuño 1st, 2009

Dende a Rede queremos dar as gracias a todos e todas as que nos axudáchedes a construír a dobre cadea humana ao redor do edificio da GOTA DE LEITE como acto de reivindicación para a apertura inmediata do Centro de Inclusión Social e Albergue Público na cidade de Vigo.

A convocatoria foi un rotundo éxito contou coa participación de máis de 500 persoas que rodearon o edificio en sinal de apoio e reclamación firme da súa apertura e que participaron ademais no acto simbólico da súa inauguración celebrado na porta dunhas instalacións adicadas históricamente como centro de acollida.

Esta extraordinaria resposta ofrecida pola cidade para a posta en marcha do Albergue visibiliza con contudencia a necesidade deste recurso e o apoio rotundo á Xunta de Galicia para que axilize os trámites pertinentes para a súa apertura.

Recordemos a Rede atópase á espera de resposta por parte do Presidente da Xunta, a Conselleira de Traballo e Benestar, e a Delegada Territorial da Xunta en Vigo, sobre á reunión solicitada para abordar o estado do proxecto de apertura deste dispositivo con interese de colaborar e apoiar para que sexa XA unha realidade.

De novo, gracias a toda á cidadanía presente diante do Fogar San Paio “Gota de Leite” que sumaron a súas voces para dicir alto e claro

SOLUCIÓN XA PARA AS PERSOAS SEN FOGAR!

Achegamos ó manifesto que seu leu como clausura do acto así como fotos do mesmo. Se tes máis fotos escríbenos info (arroba) redesocialgaliciasur.org

Apoios pola apertura do albergue

Maio 20th, 2009

Durante os últimos días diversas entidades estanse a sumar a reinvidicación da Rede pola apertura XA dun albergue público en Vigo.

Dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia queremos amosar o noso apoio á reivindicación formulada pola Rede Social Galicia Sur para a apertura, sen dilación, do Centro de Inclusión Social e Albergue Público de Vigo

A Fundación Aldaba como entidade sen ánimo de lucro que traballa cos colectivos vulnerables quere unirse solidariamente á convocatoria dos actos de apoio á apertura do albergue na cidade de Vigo

Desde la unidad de Tratamiento de Alcoholismo de vigo “ASVIDAL” queremos mostrar nuestro apoyo total a los actos convocados para solicitar la inmediata apertura del albergue público. ¡Ni un día más de espera! ¡Ni una muerte más!

A Asociaciación de Integración Galego-Brasileira apoia publicamete a apertura inmediata do albergue.

Tamén expresaron o seu apoio e o desexo de contar entre as organizacións que apoian a convocatoria:

Se queres podes deixar un comentario nestra entrada sumándote a iniciativa

Reivindicación para a Apertura do Albergue XA

Maio 18th, 2009

cartaz da 2 cadea humana polo albergue Tras os reiterados incumprimentos dos prazos establecidos para a apertura do Centro de Inclusión Social e Albergue Público que a Xunta de Galicia ten proxectado ubicar no antigo Fogar San Paio – “Gota de Leite” na cidade de Vigo, a Rede Social Galicia Sur convoca a cidadanía viguesa a participar na construcción da segunda Cadea Humana arredor deste emblemático edificio.

Mediante a formación desta cadea humana coa que pretendemos “abrazar” novamente o edificio da Gota de Leite reinvidicaremos de forma simbólica o apoio da cidade a este proxecto así como a reclamación da urxente necesidade da súa apertura, sen máis dilacións. Este proxecto xa é unha realidade. As obras de adaptación do edificio xa están rematadas. Non podemos nin vamos a renunciar á prestación dun servizo esencial na cidade de Vigo e necesario para o conxunto da súa cidadanía. Súmate á reinvidicación da súa apertura inmediata. Súmate a celebración simbólica da súa inauguación que se celebrará xunto a Cadea Humana o vindeiro Xoves, 21 de Maio de 2009, ás 20 Horas no edificio do Fogar San Paio- “Gota de Leite” (Ronda Don Bosco, 1. Ao lado do Concello).

Ademáis, o mércores 20 de maio ás 20 horas iniciarase unha sentada de 24 horas que arrancará coa “durmida” na porta do edificio e rematará coa Cadea Humana do xoves 21 ás 20 horas.

Se a vosa entidade, organización ou asociación desexa sumarse aos actos ou apoialos públicamente remitide un correo electrónico a info (arroba) redesocialgaliciasur.org. Se queres o cartaz en maior calidade para pegar no teu ámbito escríbenos.

Nace o blog da RSGS

Maio 13th, 2009

A Rede Social Galicia Sur (RSGS) está formada por máis de 15 asociacións das areas de acción social e cooperación ao desenvolvemento de Vigo. A RSGS leva en activo varios anos, aumentando a súa presenza pública e consolidando as súas bases pouco a pouco.

Acadada certa notoriedade faise necesario establecer unha canle de comunicación directa coa sociedade e esperamos que este blog sirva para iso. Todavía nos queda un longo recorrido que facer, moitas cousas que mellorar do blog, da cidade, do mundo… pero por se algo nos caracterizamos tódos os activistas que formamos parte das asociacións que constituen a rede, é polo noso tesón e polo traballo constante.

Engade esta páxina os seus marcadores ou mellor todavía engada este feed ao seu lector de blogs, para manterse ao tanto das novedades.

Por último dicir, que tal vez engadamos novas máis antigas que esta data, para que quede constancia na web de accións pasadas, pero hoxe 13 de Maio do 2009 a bitacora da RSGS está no aire, e dara que falar…

Solicitamos entrevista co Presidente para aclarar a situación do Albergue

Maio 11th, 2009

Durante as últimas semanas distintos organos e entidades tanto públicas coma privadas estiveron a realizar diversas, e nalgúns casos, preocupantes manifestacións sobre o tema do albergue en Vigo. Ante esta situación decidimos solicitar unha entrevista co Presidente da Xunta.

Pode ler a solicitude de entrevista entregada na Xunta, e a nota de Prensa enviada aos medios.