Reivindicación para a Apertura do Albergue XA

Tras os reiterados incumprimentos dos prazos establecidos para a apertura do Centro de Inclusión Social e Albergue Público que a Xunta de Galicia ten proxectado ubicar no antigo Fogar San Paio – “Gota de Leite” na cidade de Vigo, a Rede Social Galicia Sur convoca a cidadanía viguesa a participar na construcción da segunda Cadea Humana arredor deste emblemático edificio.

Mediante a formación desta cadea humana coa que pretendemos “abrazar” novamente o edificio da Gota de Leite reinvidicaremos de forma simbólica o apoio da cidade a este proxecto así como a reclamación da urxente necesidade da súa apertura, sen máis dilacións. Este proxecto xa é unha realidade. As obras de adaptación do edificio xa están rematadas. Non podemos nin vamos a renunciar á prestación dun servizo esencial na cidade de Vigo e necesario para o conxunto da súa cidadanía. Súmate á reinvidicación da súa apertura inmediata. Súmate a celebración simbólica da súa inauguación que se celebrará xunto a Cadea Humana o vindeiro Xoves, 21 de Maio de 2009, ás 20 Horas no edificio do Fogar San Paio- “Gota de Leite” (Ronda Don Bosco, 1. Ao lado do Concello).

Ademáis, o mércores 20 de maio ás 20 horas iniciarase unha sentada de 24 horas que arrancará coa “durmida” na porta do edificio e rematará coa Cadea Humana do xoves 21 ás 20 horas.

Se a vosa entidade, organización ou asociación desexa sumarse aos actos ou apoialos públicamente remitide un correo electrónico a info (arroba) redesocialgaliciasur.org. Se queres o cartaz en maior calidade para pegar no teu ámbito escríbenos.

Unha resposta a “Reivindicación para a Apertura do Albergue XA”

  1. A apertura do albergue non pode atrasarse máis.

    Vigo é a cidade máis importante de Galiza e non é posible que neste intre, despois de todo o traballo feito dende hai catro anos, o novo goberno da Xunta non sexa quen de poñer en marcha o centro de emerxencia na Gota de Leite.
    Vigo ten que contar xa con esta infraestrutura.

    Estamos diante do que pode ser un fito histórico para a nosa cidade que suporá que as persoas menos favorecidas poidan contar cun espacio digno e público onde reciban servizos e a atención profesional que precisan.

    Ante esta situación, coido que é preciso facer un chamamento ós cidadáns para reivindicar a apertura xa do albergue na Gota de Leite participando na movilización convocada para hoxe ás 20.00h.

    Trátase de ser xustos e solidarios con aqueles que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade e exclusión social.
    Hoxe son eles e mañan calqueira de nós.

    Paula Covelo

Comentarios pechados.