Nace o blog da RSGS

A Rede Social Galicia Sur (RSGS) está formada por máis de 15 asociacións das areas de acción social e cooperación ao desenvolvemento de Vigo. A RSGS leva en activo varios anos, aumentando a súa presenza pública e consolidando as súas bases pouco a pouco.

Acadada certa notoriedade faise necesario establecer unha canle de comunicación directa coa sociedade e esperamos que este blog sirva para iso. Todavía nos queda un longo recorrido que facer, moitas cousas que mellorar do blog, da cidade, do mundo… pero por se algo nos caracterizamos tódos os activistas que formamos parte das asociacións que constituen a rede, é polo noso tesón e polo traballo constante.

Engade esta páxina os seus marcadores ou mellor todavía engada este feed ao seu lector de blogs, para manterse ao tanto das novedades.

Por último dicir, que tal vez engadamos novas máis antigas que esta data, para que quede constancia na web de accións pasadas, pero hoxe 13 de Maio do 2009 a bitacora da RSGS está no aire, e dara que falar…

Unha resposta a “Nace o blog da RSGS”

  1. Transmitimos dende o BNG de Vigo o noso total apoio a reivindicacion que fai a REDE pola apertura do ALBERGUE XA.
    Dende o BNG somos moi conscentes da situación na que se atopan as PERSOAS en situación de exclusión social, e por elo queremos que se abra xa o albergue a “Pinga de leite” porque as persoas non podemos ver para outro lado e facer que non vemos a realidade social na que nos atopamos,
    Dende o BNG queremos que as persoas seamos tratad@s como persoas e non como alimañas, e para elo esiximoslle O P.P. APERTURA XA DO ALBERGUE,

Comentarios pechados.