Fotos da 2 cadea humana a prol do albergue

Dende a Rede queremos dar as gracias a todos e todas as que nos axudáchedes a construír a dobre cadea humana ao redor do edificio da GOTA DE LEITE como acto de reivindicación para a apertura inmediata do Centro de Inclusión Social e Albergue Público na cidade de Vigo.

A convocatoria foi un rotundo éxito contou coa participación de máis de 500 persoas que rodearon o edificio en sinal de apoio e reclamación firme da súa apertura e que participaron ademais no acto simbólico da súa inauguración celebrado na porta dunhas instalacións adicadas históricamente como centro de acollida.

Esta extraordinaria resposta ofrecida pola cidade para a posta en marcha do Albergue visibiliza con contudencia a necesidade deste recurso e o apoio rotundo á Xunta de Galicia para que axilize os trámites pertinentes para a súa apertura.

Recordemos a Rede atópase á espera de resposta por parte do Presidente da Xunta, a Conselleira de Traballo e Benestar, e a Delegada Territorial da Xunta en Vigo, sobre á reunión solicitada para abordar o estado do proxecto de apertura deste dispositivo con interese de colaborar e apoiar para que sexa XA unha realidade.

De novo, gracias a toda á cidadanía presente diante do Fogar San Paio “Gota de Leite” que sumaron a súas voces para dicir alto e claro

SOLUCIÓN XA PARA AS PERSOAS SEN FOGAR!

Achegamos ó manifesto que seu leu como clausura do acto así como fotos do mesmo. Se tes máis fotos escríbenos info (arroba) redesocialgaliciasur.org