NOTA DE PRENSA DA REDE SOCIAL GALICIA SUR
DISPOSITIVO DE PRIMAVERA VS. CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL
AS PERSOAS SEN FOGAR NON PODEMOS ESPERAR
A Rede Social Galicia Sur manifesta a súa inquietude polo incumprimento, una vez máis, dos prazos previstos para a apertura e posta en marcha do Centro de Inclusión Social para as Persoas Sen Fogar de Vigo. Facémonos eco da preocupación da cidadanía de Vigo e da dramática situación das personas que viven ou malviven nas rúas da nosa cidade.
A proposta orixinal de peche do Dispositivo de frío o pasado día quince de Marzo, e a súa apertura inmediata como Centro de Inclusión Social, non se fixo realidade ata o presente intre. Non temos, ademais, ningunha noticia ou información ó respecto por parte da Alcaldía.
É máis que evidente que os prazos das teóricas actuacións non se están a cumprir: As obras necesarias para acondicionar o edificio cara ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia para a posta en marcha dun recurso deste tipo aínda non comenzaron, non se fixo a convocatoria pública para a xestión do Centro e non se sabe con certeza se existe unha partida orzamentaria suficiente para este tema.
Todo isto fainos temer polo futuro, non só dos vindeiros usuarios do Centro, senón polas persoas que están a usar na actualidade o Dispositivo de Frío (Primaveral); e polas consecuencias que o incumprimento do acordado polo Concello coa Fundación que cedeu o espazo poidan ter.
Instamos ós responsables da Alcaldía a dar reposta a esta falta de información, e a solucionar os problemas actuais que están a impedir que se cumpra coa vella promesa do Centro de Inclusión Social, máxime cando xa dispoñemos dun edificio axeitado dabondo para ese fin.
A Rede Social Galicia Sur segue agardando unha resposta por parte da Alcaldía ante a petición reiterada dunha entrevista sobre este tema.
A Rede Social Galicia Sur: ACLAD Alborada, Asoc. Érguete Vigo, Caritas Diocesanas de Tuy-Vigo, Comité Oscar Romero, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Fundación Proclade, Grupo Autoapoio Imán Intermón Oxfam, Médicos do Mundo, Parroquia Stmo. Cristo da Victoria, Solidariedade Internacional, Organizacións e colectivos, sen vinculacións partidistas nen sindicais, que traballan no eido social e na cooperación internacional ao desenvolvemento co fin de acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria, equitativa e sostible que respecte os dereitos das persoas,