As entidades que formamos parte da Rede Social Galicia Sur DEFENDEMOS:
Que a cooperación ao desenvolvemento é unha política pública social fundamental para loitar contra a pobreza e as desigualdades xa que traballa en prol dos dereitos humanos e a dignidade das persoas a través da promoción dun desenvolvemento humano sostible.
E que os gobernos de todos os niveis deben responder de forma conxunta ás causas e consecuencias globais e domésticas da pobreza, as desigualdades e a insostibilidade ambiental.
Neste senso, a administración local, a máis próxima ás persoas, ten un papel fundamental para que a premisa de actuar localmente e pensar globalmente sexa unha realidade.
A cooperación ao desenvolvemento local tamén debe ser unha política municipal fundamental para conseguir unha cidadanía crítica, activa e solidaria en todas as vilas e cidades de Galicia a través da promoción da transformación social e o fin das inxustizas sociais
Por todo isto, e dado o continuo incumprimento dos compromisos en cooperación internacional por parte do Concello de Vigo, decidimos denuncialo públicamente coa campaña #VigoNonCoopera , a #CooperaciónEsquecida do Concello de Vigo.
Apóianos! Defende a cooperación!