Os gobernos locais teñen unha responsabilidade esencial á hora de promover os dereitos humanos e o desenvolvemento dos pobos e cidades do Sur.
Neste tema, como noutros, o goberno municipal de Vigo non pode quedar atrás.
Sen embargo, nos últimos anos esqueceu a cooperación internacional, deixando sen executar os fondos destinados a proxectos no exterior en 2015, 2016 e parece que en 2017…
Logo da denuncia pública coa campaña #VigoNonCoopera , a #CooperaciónEsquecida do Concello de Vigo, a Rede lanza agora o “Manifesto por un Vigo comprometido coa cooperación internacional“, un texto que resume o estado da cuestión e as nosas demandas. Un manifesto que vai asinado por 12 entidades:
Amigos da Terra, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Coordinadora Galega de ONGD, Comité Oscar Romero Vigo, Entreculturas Fe y Alegría, Fundación Balms para la infancia, Oxfam Intermón, Parroquia Cristo de la Victoria Vigo, PROCLADE, Semilla para el cambio, Solidariedade Internacional Galicia e SOS Racismo Galicia.
Recuperemos a cooperación ao desenvolvemento como política pública fundamental para loitar contra a pobreza e as desigualdades!
Fomentemos unha cidadanía crítica, activa e solidaria na cidade de Vigo!
Apóianos. Defende a cooperación!
Se a vosa organización quere apoialo, envíanos un correo a info@redesocialgaliciasur.org explicando a decisión e inclúe o voso logo para integralo nas comunicacións.
Se es un particular, asina o manifesto en change.org.
Contamos con vos.